mércores, 22 de xuño de 2016

O Xulgado da-lle a razón ao Concello de Ferrol, ante un recurso de Socamex/Urbaser -a parte privada de EMAFESA, dando por bo o acordo plenario de suspensión da taxa de depuración, suspensión á que só se opuxera o Partido Popular


O Xulgado do Contencioso-Administrativo nº1 de Ferrol, da-lle a razón ao Concello de Ferrol, ante un recurso de Socamex/Urbaser -a parte privada de EMAFESA, dando por bo o acordo plenario, do 18 de setembro do 2015, de suspensión da taxa de depuración, suspensión á que só se opuxera o Partido Popular.

A XUSTIZA DÁLLE A RAZÓN AO CONCELLO NO LITIXIO CONTRA URBASER POLA SUSPENSIÓN DA TAXA DE SANEAMENTO


O pleno suspendeu en setembro o cobro dunha taxa que se lles facturaba aos veciños pero que non se destinaba a sanear a ría porque a instalación segue incompleta O auto ditamina que debe prevalecer "o interese dos cidadáns en non aboar unha taxa por un servizo que está a ser cuestionado" e desbota os prexuízos económicos que aduce o grupo ACS.

A Xustiza ven de darlle a razón ao Concello de Ferrol no litixio que mantén contra Socamex/Urbaser, a división de augas do grupo empresarial de Florentino Pérez e que é o socio privado de Emafesa -a empresa mixta de augas da cidade- pola suspensión do cobro da taxa polo saneamento da ría.

Un tributo que se lles cargaba aos veciñ@s/usuari@s na factura por un feito impoñible -a depuración integral- que non se estaba a producir xa que a Estación de Augas Residuais (EDAR) de Cabo Prioriño está aínda incompleta e pendente de reparacións.

Un acordo plenario aprobado o 18 de setembro do 2015 cos votos favorables da equipa de Goberno e o respaldo dos grupos municipais de BNG e Ciudadanos, suspendeu a aplicación da ordenanza fiscal na que se sustentaba o cobro deste tributo por unha depuración das augas negras que non era real.

A firma privada recorreu este acordo plenario cun recurso de reposición no Rexistro do Concello que foi desestimado na Comisión Extraordinaria de Economía e Facenda celebrada o 23 de novembro.

Agora, o xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Ferrol ven de ditar un auto de sete páxinas -datado o 14 de xuño- no que tamén desestima o recurso interposto por Socamex na vía xudicial e dálle a razón ao Concello de Ferrol, que deixou sen efecto o cobro dunha taxa por unha depuración inexistente.

A xuíz, no seu ditame, estima que “non se acreditan os prexuízos económicos irreversibles” aos que aduce Urbaser e que debe prevalecer "o interese dos cidadáns para non aboar unha taxa por un servizo cuxa prestación está a ser cuestionada".

Ferrol, a 22 de Xuño de 2016.-

Fonte: Concello de Ferrol. | Ir a Web.

Foto: Visita ao Edar, de cando J.M. Rrey Varela era Acalde de Ferrol e presumía que o EDAR xa depurará máis dun millón e medio de litros de augas residuais, cando non era certo, non depurara nada de nada. Non lle importou mentir ao pobo de Ferrol e cobrar-lle unha inxusta taxa por depuración. Todo unha grande mentira en complicidade EMAFESA e a súa parte privada Socamex/Urbaser.

Enlace relacionado.-

Ártabra 21: Diferentes organizacións sociais, políticas, veciñais e sindicais de Ferrol, convocan unha mobilización unitaria contra a abusiva nova Taxa de Depuración e Saneamento. |  15.02.2015.

***