mércores, 18 de abril de 2018

Convocada unha concentración na Praza da Ilustración (Emafesa), este venres 20 de abril, ás 11 da mañá, para protestar e reclamar ante o cobro dos recibos estafa, por unha taxa xusta e revisión da factura



Unha vez rematado, o pasado 26 de marzo, o prazo de tres meses, que segundo o Alcalde de Ferrol, tiña Eudita Fair Value Auditores, S.L., para o estudo de custos, para a modificación da taxa de depuración... demandamos xa unha revisión da Taxa que provoca recibos avultados, que segundo os nosos estudos superan o 40% do custe do servizo, mesmo os estudos xa feitos polo Concello de Narón a través da empresa  consultora OTIMA, están avultados un 31%. Mentres Emafesa segue pasando facturas avultadas e enviando cartas ás persoas que as devolveron...

A Plataforma na Defensa Dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, fai un chamamento a unha convocatoria pública o venres 20 de abril, desde ás 11 da maña (durante unha hora e media), na Praza da ilustración, diante da sede de Emafesa, onde se realizaría unha concentración e acción de protesta. Onde se poñerá unha mesa-info para todas as persoas que necesiten información sobre a súa factura, situación dos recursos e que podemos facer.

Na concentración facilitaremos un modelo de escrito para contestar ao que Emafesa está enviando a todas as persoas que devolveron a factura, ameazando con cobrar os custes da xestión de devolución e recargo.

O mesmo venres día 20 de abril, promoveremos unha reclamación no libro ou follas, do que é preceptivo por lei que dispoña Emafesa. Entregaremos un texto concreto para facilitar e axilizar a acción.

E ese mesmo día da concentración, faremos unha declaración pública aos medios de comunicación que citaremos na mencionada Praza, onde denunciaremos a continuidade no cobro dos recibos avultados, as advertencias de Emafesa mediante escrito ás persoas que devolveron a factura, o atraso no informe de Eudita sobre a Taxa (Cando o estudo solicitado polo Concello de Narón -OTIMA-, leva desde o pasado 15 de febreiro feito). A preocupación polo asunto sen resolver do convenio a tres partes co Concello de Narón e Augas de Galicia. Demandaremos a modificación do proxecto de saneamento d'A Malata. Demandaremos xa un proxecto sostíbel para a depuración da zona rural. Volveremos a solicitar a devolución da depuradora a Augas de Galicia até que haxa unha solución real mancomunada e a auditoría integral a Emafesa. E por último reiteraremos o incumprimento da devolución dos 800.000 euros cobrados indebidamente que se lle endebedan á veciñanza.

PARTICIPA, DEFENDE OS TEUS DEREITOS !

Cartaz da Convocatoria do 20 de Abril. | Acceder/Baixar.

--